Instalar Tane
Tane funciona no móbil e no ordenador. Escolle o teu.
No móbil (Android) #
Desde Google Play ou desde F-Droid. As dúas actualízana soas.
En Windows #
- Descarga o zip da última versión.
- Descomprímeo onde queiras. Non fai falta instalar nada nin ser administrador.
- Abre tane.exe. Cando saia unha versión nova, Tane avisarate.
Pode que Windows avise de que non coñece o programa. Preme «Máis información» e logo «Executar de todos os xeitos».
En Linux #
En Debian 13, Ubuntu 24.04 ou máis novos, pega isto nun terminal. Despois, Tane actualízase co resto do sistema.
sudo curl -fsSL https://git.comunes.org/api/packages/comunes/debian/repository.key -o /etc/apt/keyrings/comunes.asc
sudo tee /etc/apt/sources.list.d/comunes.sources <<'EOF'
Types: deb
URIs: https://git.comunes.org/api/packages/comunes/debian
Suites: stable
Components: main
Architectures: amd64
Signed-By: /etc/apt/keyrings/comunes.asc
EOF
sudo apt update && sudo apt install taneOutro Linux? Descarga a última versión, que se abre sen instalar nada.